Plataforma de Intermediación pasaXe!
PasaXe! é a iniciativa que a Xunta de Galicia leva a cabo para converterse no nodo de intermediación das administracións públicas galegas, e ten por obxectivo facilitar a cooperación entre administracións como mecanismo esencial para proporcionar aos cidadáns os servizos necesarios para garantir o seu dereito a relacionarse con elas por medios electrónicos e de non presentar aqueles documentos susceptibles de ser consultados por conexións informáticas ou xerados pola propia administración autonómica.
Para poder realizar as consultas de datos por parte dunha entidade local a través de pasaXe! é necesario que se cumpran estes requisitos:
- Pertinencia: os documentos a consultar deben ser necesarios para a tramitación dun procedemento e figurar na norma reguladora do procedemento. Esta condición avaliarase unha sola vez pola administración cedente, no momento de autorizar a consulta para o procedemento ou convocatoria.
- Consentimento ou lexitimación: as consultas deben estar autorizadas por unha lei ou o formulario de iniciación do procedemento deberá recoller un apartado específico para que as persoas interesadas poidan:
- ou ben denegar a consulta dos documentos
- ou ben, naqueles procedementos onde unha lei especial así o esixa, confirmar o seu consentimento expreso.
Os cedentes dos datos realizan de xeito habitual, auditorías para comprobar que as consultas realizadas están debidamente autorizadas polo cidadán ou habilitadas por lei, sendo o/a empregado/a público solicitante o/a responsable desa consulta. Por este motivo, todas as consultas que se realicen a través da plataforma Pasaxe incluirán o NIF do/a empregado/a público que solicita o dato.
O CATÁLOGO DE SERVIZOS DE INTEROPERABILIDADE
A listaxe de servizos de interoperabilidade actualmente dispoñibles para as entidades locais a través de pasaXe! poden consultala no documento Servizos dispoñibles para entidades locais a través de pasaXe!, no que figuran en cor azul os últimos servizos engadidos.
A descrición máis detallada de todos os servizos de interoperabilidade dispoñibles a través do Nodo de Intermediación da Xunta de Galicia, pasaXe!, atópase no documento Catálogo de servizos (só accesible dende a área privada do portal Eidolocal).
REQUISITOS MÍNIMOS DE ACCESO
Para poder acceder a pasaXe! e realizar consultas de datos é necesario que se cumpran estes requisitos:
A entidade local debe:
- Estar adherida ao “Convenio entre a Administración Xeral do Estado (MINHAP) e a Xunta de Galicia para a prestación mutua de solucións básicas de administración electrónica”.
- Nomear, como mínimo, un/unha administrador/a de pasaXe! na entidade, que será o/a encargado/a de xestionar os permisos de acceso para os/as usuarios/as da súa entidade que precisen realizar consultas en pasaXe! e será tamén o/a interlocutor/a entre os/as usuarios/as de pasaXe! na entidade local e os grupos de soporte da Xunta (CAU Periférico). Debe ter usuario no portal Eidolocal no momento no que a entidade local envíe a solicitude de alta en pasaXe!.
- Ademáis, para unha vez dada de alta a entidade local, poder solicitar a habilitación de servizos (poder realizar consultas) en pasaXe! debe:
- Posuír a base normativa que regule a utilización de servizos de interoperabilidade nos procedementos da entidade local (pertinencia e consentimento ou lexitimación da consulta).
- Nomear un/unha responsable por procedemento, que será a persoa de referencia para calquera comunicación que afecte ao procedemento: incidentes, auditorías, notificacións, ... Debe ter usuario no portal Eidolocal co permiso de consulta pasaXe! asignado no momento no que a entidade local envíe ás solicitudes de habilitación dos servizos.
Os equipos informáticos desde os que se vaia a acceder a pasaXe! deben:
- Estar integrados na Rede Corporativa da Xunta de Galicia.
- Dispoñer de navegador web compatible: versións actualizadas de Mozilla Firefox ou Google Chrome.
- Recoméndase dispoñan de aplicación lectora de PDF.
- Recoméndase dispoñan aplicación lectora de follas de cálculo.
As persoas da entidade local que vaian a acceder a pasaXe! deberán estar dadas de alta no portal Eidolocal e ter asignado o permiso "Consulta Pasaxe" (poden solicitar isto ao administrador de Pasaxe na súa entidade local) e dispoñer dun certificado dixital de persoa física ou empregado público emitido pola FNMT, Camerfirma ou DNI electrónico. No caso de empregar un certificado dixital en formato hardware, é necesario o uso dun lector de certificados dixitais.En caso de acceso ao sistema mediante certificado dixital (formato software) será preciso telo instalado correctamente no navegador.
MODOS DE USO DO SERVIZO
As entidade locais poden acceder a pasaXe! das seguintes formas:
- Acceso ao portal de interoperabilidade pasaXe! directamente a través do portal Eidolocal
- A través dunha aplicación consumidora: a súa aplicación de xestión de expedientes intégrase cos servizos web de pasaXe!
SOLICITUDE DE ACCESO AO SERVIZO
Para o proceso de implantación da plataforma pasaXe! nas Entidades Locais galegas, ponse a disposición destas unha Guía de axuda á implantación de pasaXe! nas Entidades Locais, que recolle os pasos básicos para a utilización de pasaXe!, adaptada para a utilización de calquera EELL independentemente do grao de implantación de administración electrónica de partida.
Nos anexos I e II desta guía figuran detallados os pasos a seguir para poder dar de alta a súa entidade en pasaXe! e para solicitar a habilitación dos servizos, segundo o modo de uso do servizo que se desexe.
SOLICITUDE DE HABILITACION DE SERVIZOS EN PASAXE
A listaxe de servizos de interoperabilidade actualmente dispoñibles para as entidades locais a través de pasaXe! poden consultala no documento Servizos dispoñibles para entidades locais a través de pasaXe!, no que figuran en cor azul os últimos servizos engadidos.
A descrición máis detallada de todos os servizos de interoperabilidade dispoñibles a través do Nodo de Intermediación da Xunta de Galicia, pasaXe!, atópase no documento Catálogo de servizos (só accesible dende a área privada do portal Eidolocal).
Para poder solicitar a habilitación dun servizo de intermediación, a través de pasaXe! e segundo o modo do uso do servizo que se desexe, deberá seguir os pasos detallados nos anexos I e II da guía de axuda indicada anteriormente.
Pode consultar no apartado “Contido relacionado” desta mesma páxina, dende a área privada de Eidolocal máis documentos, manuais e guías de axuda sobre pasaXe!.
Formato | Nome | Descrición |
---|---|---|
Servizos dispoñibles para entidades locais a través de pasaXe! | Listaxe de servizos de interoperabilidade actualmente dispoñibles para as entidades locais... | |
Guía axuda implantación pasaXe! EELL | Guía axuda á implantación da plataforma de intermediación pasaXe! nas entidades locais |
CONTACTO PARA DÚBIDAS, INCIDENCIAS OU SOLICITUDES DE ACCESO AO SERVIZO
Para calquera dúbida técnica sobre a xestión da súa alta ou incidencia co servizo pasaXe!, pode contactar co CAU a través do teléfono 881995300 ou no correo electrónico cau-periferico@xunta.gal.
Para calquera outro tipo de dúbidas non técnicas sobre este servizo pode contactar coa oficina eConcellos a través do teléfono 981957595 ou no correo electrónico oficina.econcellos@xunta.gal
05/07/2024
Amtega
Xestión interna EELL, Interacción entre Administracións
Cidadáns, Entidades locais
Portal web, Aplicación consumidora
Gratuíto
Convenio PMSBAE