Habilitación Nacional

Nesta páxina publícase toda a información relacionada coa xestión da provisión de postos de funcionarios/as con habilitación de carácter nacional dentro do ámbito territorial da comunidade autónoma de Galicia: normativa, concursos, clasificación de postos, nomeamentos provisionais, comisión de servizos, acumulacións, permutas, xestión de bolsas de interinos,…

Ámbito competencial da DXAL

O artigo 241 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia atribúe de xeito expreso á Comunidade Autónoma de Galicia as competencias de execución, dentro do marco da lexislación básica do Estado sobre clasificación de postos, nomeamentos provisionais, comisións de servizos, acumulacións e permutas, dentro do seu ámbito territorial. A normativa básica do Estado está constituída polo Real Decreto 128/2018, de 16 de marzo, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional (BOE núm. 68, 17 de marzo).
Así pois, segundo o establecido no Decreto 117/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (DOG núm. 126, 4 de xullo), son competencias da Dirección Xeral de Administración Local, en concreto do seu Servizo de Réxime Xurídico e Xestión de Persoal Funcionario con Habilitación de Carácter Nacional as seguintes:

  1. O asesoramento en materia de función pública local no seu ámbito competencial.
  2. A distribución do papel numerado para actas e resolucións das entidades locais.
  3. A tramitación da provisión de postos con carácter non definitivo e o exercicio das competencias que lle corresponden á Comunidade Autónoma respecto dos concursos de traslados e libre designación de habilitados/as nacionais.
  4. A tramitación dos expedientes de creación, clasificación e supresión de postos reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional, así como os de constitución e disolución de agrupacións de entidades locais para o sostemento dos ditos postos e os das exencións regulamentariamente establecidas.
  5. A dirección e xestión do Rexistro autonómico de persoal funcionario con habilitación de carácter nacional e a coordinación e integración co Rexistro estatal do dito persoal funcionario.
  6. A elaboración de informes sobre os recursos que se presenten en materia de persoal funcionario con habilitación de carácter nacional.
  7. Aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Contactos

  • Dirección Xeral de Administración Local
    • Enderezo: Rúa Madrid, 2-4, 2º-Polígono de Fontiñas
      15781 Santiago de Compostela
    • Teléfono: 981 54 65 79
    • Correo electrónico: administracionlocal@xunta.gal
  • Subdirección Xeral réxime xurídico local
    • Teléfono(s): 981 54 00 96 
    • Servizo de Réxime Xurídico e Xestión de FHE
      • Teléfono(s): 981 54 00 46 / 881 99 70 18
  • Ministerio de Hacienda y Función Pública
    • Dirección General de Función Pública
      • Enderezo: Santa Engracia 7, 28071 Madrid
    • Subdirección General de Relaciones con Otras Administraciones
      • Enderezo: Manuel Cortina 2, 28010 Madrid
      • Teléfono: 91 273 20 93 / 0 52
      • Correo electrónico: sgroa@correo.gob.es
  • Colexios SITAL de Galicia:
    • Coruña e Pontevedra
      • Enderezo: Colegio Sital A Coruña e Pontevedra. Rúa Cantón Grande, 6, 10-A
      • Teléfono: 981 22 12 20
      • Enderezo electrónico: luisa.saleta@cositalcoruna.org
    • Lugo
      • Enderezo: Colegio Sital Lugo. Rúa Ourense, 59, Entlo. A
      • Teléfono: 982 46 53 01 (Nadia Díaz Vázquez)
      • Enderezo electrónico: cosital.lugo@yahoo.es
    • Ourense
      • Enderezo: Colegio Sital Ourense. Rúa Ramón Cabanillas 3 2ªA
      • Enderezo electrónico: info@cositalourense.es