Alta usuarios/as
Mediante este formulario o/a alcalde/sa ou secretario/a poderá solicitar un/unha usuario/a Eidolocal. Ao completar o formulario pediráselle que asine a solicitude, e esta, enviarase á AMTEGA. Unha vez que a súa solicitude sexa aprobada será informado a través do correo electrónico e xa poderá acceder ao portal co usuario/a e clave que se lle facilitará durante este proceso.
Para poder facer a prealta correctamente recoméndase utilizar a aplicación Autofirma. Se non a ten instalada, descargue a aplicación Autofirma (versión 32 bits) ou Autofirma (versión 64 bits) e instálea seguindo as seguintes instrucións. Posteriormente, peche o navegador e volva a acceder a Eidolocal.