Proxecto europeo Agrupación europea de Cooperación territorial Galicia-Norte de Portugal (0101_GNP_AECT_1_E)
Aprobado por acordo entre a Autoridade de Xestión e o Beneficiario Principal do 16 de maio de 2017.
O custo total da operación para o período de vixencia do proxecto é de 2.641.120,00 Euros, a contribución comunitaria (FEDER) máxima á mesma é de 1.980.840,00 Euros, que corresponde ao 75,00 % do custo total elixíbel previsto.
O orzamento da Dirección Xeral de Administración Local, para a realización das actividades comprometidas é de 200.000,00 Euros, dos cales 150.000,00 Euros serían de fondos europeos e 50.000,00 Euros de fondo propio.
Beneficiarios
- Beneficiario Principal: Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT). Presupuesto de 1.947.500,00€
- Beneficiario 2: Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR-N). Presupuesto de 94.300,00€
- Beneficiario 3: Dirección Xeral da Administración Local. Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Presupuesto de 200.000,00€
- Beneficiario 4: Secretaría Xeral da Igualdade. Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Presupuesto de 122.000,00€
- Beneficiario 5: Instituto Galego de Estatística (IGE). Xunta de Galicia. Presupuesto de 18.000,00€
- Beneficiario 6: Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER). Presupuesto de 22.770,00€
- Beneficiario 7: Direção Regional de Cultura do Norte. Presupuesto de 114.050,00€
- Beneficiario 8: Secretaría Xeral de Cultura. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Xunta de Galicia. Presupuesto de 122.500,00€
Os obxectivos estratéxicos do proxecto son
Un dos obxectivos deste proxecto é o reforzo da colaboración institucional, promovendo a cooperación transfronteiriza entre as administracións públicas, o que permitirá a prestación de mellores servizos públicos para mellorar a calidade de vida dos cidadáns, eliminando ou diminuíndo as barreiras que impiden este obxectivo.
Esta colaboración tamén vai a permitir unha xestión máis eficaz dos servizos e infraestruturas existentes, é influirá nas que se construirán no futuro.
Para acadar estes resultados e imprescindible a colaboración entre as distintas administracións implicadas, polo que se debería contar coa colaboración efectiva das entidades locais afectadas para o desenvolvemento das actividades que se van a realizar o que permitiría acadar unha xestión máis eficiente da cooperación transfronteiriza, evitando duplicidades innecesarias, compartindo recursos e solucións a problemas comúns, fomentando un uso compartido dos equipamentos públicos fronteirizos e propoñendo novos modelos de xestión de servizos colectivos de proximidade, en concreto, os equipamentos sociais, culturais e deportivos do Sur de Galicia e do Norte de Portugal.
Actividades a realizar pola Dirección Xeral de Administración Local
- Elaboración dun documento marco do estado da situación e solucións previstas para compartir equipamentos sociais, culturais e deportivos do Sur de Galicia e o Norte de Portugal. (Plan Estratéxico de Recursos ou Plan Director de Equipamentos).
- Implementación dunha Plataforma Telemática para a xestión dos equipamentos transfronteirizos.
- Promoción, divulgación e difusión da utilización conxunta dos equipamentos transfronteirizos.
- Divulgación e creación dunha ferramenta que permita o acceso e uso por parte dos usuarios destes equipamentos, (tarxeta, certificados dixitais etc..).
- Divulgación: intercambios e actividades de promoción do deporte, a cultura... (Competicións deportivas, exposicións, representacións teatrais, concertos, festivais...).
Páxina do programa Interreg VA España-Portugal