No dispone del permiso

Acceso ao Rexistro xeral de contratistas da Xunta de Galicia permitindo a consulta e expedición da certificación de inscrición de cada unha das máis de 3000 empresas que constan nel.

O Rexistro Xeral de Contratistas créase como un instrumento auxiliar da contratación administrativa que ten por obxecto por una banda facilitar a concorrencia de licitadores evitando a multiplicidade de documentacións análogas a presentar en cada licitación, e por outra banda axilizar a tramitación dos procedementos de contratación pública, facilitando ás mesas de contratación a labor de análise das documentacións presentadas.

A súa regulación recóllese no Decreto 262/2001, polo que se refunde a normativa reguladora do Rexistro Xeral de Contratistas, modificado polo Decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula a factura electrónica e a utilización de medios electrónicos, informáticos e telemáticos en materia de contratación pública da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e entes do sector público dela dependente.

 

Para acceder a este servizo é necesario ser persoal dunha entidade local adherida ao convenio e-Administración. Neste caso, o persoal designado deberá solicitar aos usuarios (Alcaldes/as Secretarios/as) ou xestores de usuarios da entidade local, a alta como usuario do portal (nome e contrasinal de acceso a zona privada) e o permiso para acceder ao servizo de Rexistro Xeral de Contratistas. Tanto o alta de usuario como a asignación de permiso é tramitada polos xestores de usuarios de Eidolocal da propie entidade local de xeito automático a través da aplicación de xestión de usuarios habilitada para as EELL no propio Eidolocal.

Para poder consultar os documentos o equipo dende o que se realiza a consulta dispor de:

  • Sistema Operativo Microsoft Windows Vista ou superior.
  • Un dos seguintes Navegadores:
    • Internet Explorer 10 de 32 bits (ou superior)
    • Edge
    • Firefox 32 (ou superior)
    • Chrome 37 (ou superior)
  • Ter instalado o programa Acrobat Reader.
  • Deshabilitar no navegador elementos emerxentes para o enderezo "*.conselleriadefacenda.es"

A persoa que vai realizar a consulta:

  • Dispor dun Certificado dixital admitido pola Consellería de Facenda de persoa física ou xurídica e accesible dende o navegador.

 

Identificador Tipo de servicio Nombre servicio Convenio eAdmon Modalidad solicitud
121 Aplicaciones y servicios finales Contratos Públicos de Galicia-Xestión de perfil e concursos (CPG) Correo electrónico
20200 Aplicaciones y servicios finales Sistema de licitación electrónica (SILEX) Correo electrónico
20220 Comunicación Sistema electrónico de facturación (SEF) En línea

CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)

Fecha modificación

01/02/2024

Proveedor/Responsable del servicio

Xunta de Galicia / Consellería de Facenda Xunta de Galicia /Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza/Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Tipo de uso

Gestión interna EELL

Beneficiario

Entidades locales

Modo de consumo

Portal web

Tipo de financiación

Gratuíto

Regulado por

Convenio eAdministración