Non dispón do permiso
Aplicación web que facilita que unha entidade local poida manter os datos do seu perfil como contratante e publicar e xestionar os seus procedementos de contratación na plataforma de Contratos Públicos de Galicia (CPG). A plataforma CPG atópase na actualidade interconectada coa Plataforma de Contratación do Sector Publico de xeito que as licitacións anunciadas nela pódense visibilizar a nivel estatal facilitando a concorrencia e acceso ás licitacións das pequenas e medianas empresas.

Na Comunidade Autónoma de Galicia, a plataforma de Contratos públicos de Galicia (CPG) asumiu no 2008 o reto de integrar toda a contratación pública dos perfís da Administración Autonómica e do seu sector público. Pero no ano 2010 regulouse xa coa vocación de ser o punto de acceso a información publicada por todos os perfís dos órganos de contratación do sector público galego, incluídas as entidades locais e órganos estatutarios. Actualmente a metade da nosa administración local, e entidades como o Consello de Contas e o Parlamento de Galicia, publican na plataforma CPG converténdose nunha das páxinas mais visitadas no ámbito dos servizos públicos, e tamén das mellor valoradas pola súa claridade e contidos.

Ademais, en cumprimento da Disposición adicional terceira da Lei 20/2013, de 9 de decembro, de unidade de mercado, a plataforma CPG atópase na actualidade interconectada coa Plataforma de Contratación do Sector Publico de xeito que as licitacións anunciadas nela pódense visibilizar a nivel estatal facilitando a concorrencia e acceso ás licitacións das pequenas e medianas empresas.

 

REQUISITOS MÍNIMOS PARA O ACCESO

Para dispoñer deste servizo unha entidade local debe estar adherida ao convenio e-Administración e ten que solicitar a alta na plataforma de contratación.

O/s usuario/s que vaia/n levar este mantemento e xestión dos contratos da entidade local na plataforma CPG deberá/n dispoñer dun Certificado Dixital Clase 2 CA persoal da Fábrica Nacional de Moneda y Timbre - Real Casa de la Moneda, Camerfirma ou DNI-e.

 

SOLICITUDE DE ACCESO

Para solicitar a alta deberá cumprimentar a "solicitude de alta do perfil do contratante" dispoñible na opción de "Contido relacionado" desta mesma ficha do servizo na parte privada de EidoLocal e ten que solicitar "a/s alta/s do/s usuario/s da entidade na plataforma CPG"  (que previamente deberán estar dados de alta en Eidolocal) remitindo as solicitudes vía correo ao CAU (cau-periferico@xunta.gal).

Unha vez dada de alta a entidade local e o/os usuario/s na plataforma CPG, estes usuarios disporán de acceso á plataforma dende a área privada de Eidolocal, nela poderán insertar, publicar, modificar ou borrar procedementos de contratación da propia entidade local.

 

CONTACTO PARA DÚBIDAS OU INCIDENCIAS CO SERVIZO

Para calquera dúbida técnica sobre a xestión da súa alta ou incidencia co servizo pode contactar con CAU a través do Tlfno 881 995 300 ou no correo electrónico cau-periferico@xunta.gal.

Para calquera outro tipo de dúbidas, non técnicas, poderá contactar coa Xunta Consultiva de Contratación de Galicia a través do correo electrónico: XCCAGalicia@conselleriadefacenda.es

Identificador Tipo de servizo Nome servizo Convenio eAdmon Modalidade solicitude
120 Aplicacións e servizos finais Rexistro xeral de contratistas (RXC) En liña
20200 Aplicacións e servizos finais Sistema de licitación electrónica (SILEX) Correo electrónico
20220 Comunicación Sistema electrónico de facturación (SEF) En liña
Data modificación

08/11/2022

Proveedor/Responsable do servizo

Xunta de Galicia / Consellería de Facenda Xunta de Galicia /Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza/Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Datos contacto dúbidas

CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)

Tipo de uso

Xestión interna EELL

Beneficiario

Entidades locais, Outras administracións

Modo de consumo

Portal web

Tipo de financiación

Gratuíto

Regulado por

Convenio eAdministración