Portal de Transparencia de Carballo
PUBLICIDADE ACTIVA
Neste bloque recóllese a información relativa aos membros do goberno municipal, o/a Alcalde/sa, Concelleiros/as, Competencias e Grupos políticos municipais. Pero tamén as funcións do/da Alcalde/sa, do Pleno, da Xunta de Goberno e dos/as Concelleiros/as Delegados/as, así como os aspectos organizativos, incluídos os de carácter económico, e de funcionamento, e os datos básicos das entidades instrumentais adscritas ao Concello. Aspectos non só previstos na normativa básica en materia de transparencia, senón tamén na normativa básica en materia de réxime local (Lei 7/1985, RDLex 781/1986, RD 2568/1986 e Lei 5/1997, de Galicia)
Neste bloque inclúese toda a información relativa á xestión económico-financeira do Concello, que permite un maior control cidadá: orzamentos, liquidacións, contas, información fiscal, indicadores, información patrimonial e o acceso á toda información económica do Concello dispoñible no Ministerio de Facenda e Función Pública
Neste bloque atópase toda a información sobre a xestión de recursos humanos, instrumentos organizativos (Relación de postos de traballo, cadro de persoal), Oferta Pública de Emprego (OPE), acceso ao emprego público (permanente e temporal), e información en relación coa representación do persoal, tanto do Concello, como dos seus organismos descentralizados e entidades instrumentais adscritas ao Concello, de conformidade coa normativa básica sobre emprego, TREBEP, TRET, LOLS, e a normativa específica para o ámbito local LRBRL, TRRL, LALG, RD 896/1991, RD 861/1991
Neste bloque atópase toda a información de relevancia xurídica que esixe a normativa e que pode resultar de interese pola cidadanía. De especial interese non só todas as ordenanzas e regulamentos municipais, e os Bandos da Alcaldía, senón a apertura de vías de consulta e participación cidadán, pero tamén a rendición de contas a través da planificación e a avaliación normativa
Neste bloque recóllese conxuntamente a información de obrigada publicación sobre toda a actividade contractual desenvolvida polo Concello en cumprimento da Lei 9/2013 e da Lei 9/2017
Neste bloque atópase toda a información do Concello sobre as subvencións (de todo tipo) que concede, así como os convenios que ten subscritos e as encomendas de xestión, nos termos indicados na Lei 9/2013, na Lei de 38/2003, na Lei 9/2007 de Galicia e normativa municipal aprobada nesta materia, de ser o caso.
Neste bloque recóllese toda a información sobre o bo goberno local, como unha manifestación do dereito cidadá á boa administración recoñecido no art. 41 da Carta Europea de Dereitos Fundamentais. Información relativa ao Código de Bo goberno local, as boas prácticas, acordos municipais en relación coa transparencia e órganos de supervisión existentes. Asimesmo, pódese atopar a información relativa ao bo goberno na Corporación