Portal de Transparencia Local de Galicia

A Lei 19/2013, do 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno, susténtanse en tres piares fundamentais: ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública, regular e garantir o dereito de acceso á información relativa a aquela actividade e establecer as obrigacións de bo goberno que deben cumprir os responsables públicos, incluídas as entidades locais.

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, ten entre as súas finalidades, servir de apoio e axuda aos concellos galegos para acadar o grao de transparencia establecido pola actual normativa especialmente naqueles concellos que carecen de medios suficientes para facer fronte a estes retos.

Con este obxectivo, o 10 de decembro de 2015 foi habilitada unha plataforma web como instrumento para facilitar a todos os concellos galegos a aplicación das súas obrigas en materia de transparencia e facilitar a consulta da información relativa á actividade da Administración local.

Para continuar afondando no impulso e mellora da transparencia no ámbito local de Galicia, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes,  e a FEGAMP subscribiron o 18 de xullo de 2016 un convenio de colaboración coa Universidade de Vigo para, entre outras actuacións, abordar o redeseño do Portal de Transparencia local e facilitar así un aproveitamento mais eficiente do mesmo e que mellor resposte ás necesidades e peculiaridades dos concellos de Galicia tanto organizativas como de funcionamento así como as demandas dos seus veciños.

Así pois, a través da nova Plataforma, os concellos galegos poden, de xeito gratuíto, volcar toda a información en materia de transparencia que esixe tanto a lexislación estatal como as normas sectoriais do ámbito local e as recomendacións e boas prácticas das principais organizacións en materia de transparencia.

Posibilitase pois a ampliación da transparencia da actividade pública local, facilitando a súa consulta dunha forma clara, estruturada, entendible e de fácil acceso fomentando o achegamento á cidadanía das institucións, como unha ferramenta de mellora da calidade democrática.

Por último, a través do novo Portal facilitase a presentación das solicitudes de acceso á información público no respectivo concello, así como unha serie de manuais, guías prácticas, preguntas frecuentes e outros documentos de interese local coa finalidade de fomentar a capacitación, a cultura e os valores propios da transparencia nos concellos por ser a administración mais próxima á cidadanía.

En concreto, as entidades locais que soliciten o alta no portal de transparencia local de Galicia, terán acceso a:

  •  Unha Guía practica de transparencia: guía na que se orienta ás entidades locais sobre qué información debe ser publicada, como debe ser publicada e a periodicidade con que deber ser publicada, sobre as obrigas legais das administracións locais e sobre o dereito do cidadán a estar axeitadamente informado en todo momento.
  • Distintos modelos de formularios e resolucións municipais a empregar no exercicio da transparencia.

 

BUSCADOR DE PORTAIS DE TRANSPARENCIA LOCAL

Carballo Abegondo Aranga Arzúa A Baña Bergondo Boimorto Boqueixón Brión Cabana de Bergantiños Mazaricos Miño Monfero Muxía Carral Cerceda Cerdido Coristanco Culleredo Curtis Fisterra Irixoa Laxe Lousame Malpica de Bergantiños Mañón Rianxo Ribeira Neda Negreira Padrón Ponteceso Pontedeume As Pontes de García Rodríguez Abadín Baleira Santa Comba Santiago de Compostela Sobrado Touro Val do Dubra Vedra Vilarmaior Vimianzo Zas Cariño Mondoñedo Cervo O Corgo Chantada Xermade Xove Lourenzá A Pobra do Brollón A Pontenova Boborás Taboada Trabada Burela Avión Muíños Gomesende O Pereiro de Aguiar Ribadavia San Cibrao das Viñas Taboadela Toén Arbo Caldas de Reis Cangas Crecente Agolada A Lama Meaño Mos Pontevedra O Porriño Poio Ponte Caldelas Pontecesures Redondela O Rosal Salvaterra de Miño Silleda Soutomaior Tomiño
Provincia Entidade
A Coruña A Baña
A Coruña Abegondo
A Coruña Aranga
A Coruña Arzúa
A Coruña As Pontes de García Rodríguez
A Coruña Bergondo
A Coruña Boimorto
A Coruña Boqueixón
A Coruña Brión
A Coruña Cabana de Bergantiños
A Coruña Carballo
A Coruña Cariño
A Coruña Carral
A Coruña Cerceda
A Coruña Cerdido
A Coruña Coristanco
A Coruña Culleredo
A Coruña Curtis
A Coruña Fisterra
A Coruña Irixoa
A Coruña Laxe
A Coruña Lousame
A Coruña Malpica de Bergantiños
A Coruña Mañón
A Coruña Mazaricos
A Coruña Miño
A Coruña Monfero
A Coruña Muxía
A Coruña Neda
A Coruña Negreira
A Coruña Padrón
A Coruña Ponteceso
A Coruña Pontedeume
A Coruña Rianxo
A Coruña Ribeira
A Coruña Santa Comba
A Coruña Santiago de Compostela
A Coruña Sobrado
A Coruña Touro
A Coruña Val do Dubra
A Coruña Vedra
A Coruña Vilarmaior
A Coruña Vimianzo
A Coruña Zas
Lugo A Pobra do Brollón
Lugo A Pontenova
Lugo Abadín
Lugo Baleira
Lugo Burela
Lugo Cervo
Lugo Chantada
Lugo Lourenzá
Lugo Mondoñedo
Lugo O Corgo
Lugo Taboada
Lugo Trabada
Lugo Xermade
Lugo Xove
Ourense Avión
Ourense Boborás
Ourense Gomesende
Ourense Muíños
Ourense O Pereiro de Aguiar
Ourense Ribadavia
Ourense San Cibrao das Viñas
Ourense Taboadela
Ourense Toén
Pontevedra A Lama
Pontevedra Agolada
Pontevedra Arbo
Pontevedra Caldas de Reis
Pontevedra Cangas
Pontevedra Crecente
Pontevedra Meaño
Pontevedra Mos
Pontevedra O Porriño
Pontevedra O Rosal
Pontevedra Poio
Pontevedra Ponte Caldelas
Pontevedra Pontecesures
Pontevedra Pontevedra
Pontevedra Redondela
Pontevedra Salvaterra de Miño
Pontevedra Silleda
Pontevedra Soutomaior
Pontevedra Tomiño

+ INFORMACIÓN