Portal de Transparencia de Pontecesures
PUBLICIDADE ACTIVA
Neste bloque recóllese a información relativa aos membros do goberno municipal, o/a Alcalde/sa, Concelleiros/as, Competencias e Grupos políticos municipais. Pero tamén as funcións do/da Alcalde/sa, do Pleno, da Xunta de Goberno e dos/as Concelleiros/as Delegados/as, así como os aspectos organizativos, incluídos os de carácter económico, e de funcionamento, e os datos básicos das entidades instrumentais adscritas ao Concello. Aspectos non só previstos na normativa básica en materia de transparencia, senón tamén na normativa básica en materia de réxime local (Lei 7/1985, RDLex 781/1986, RD 2568/1986 e Lei 5/1997, de Galicia)
Neste bloque inclúese toda a información relativa á xestión económico-financeira do Concello, que permite un maior control cidadá: orzamentos, liquidacións, contas, información fiscal, indicadores, información patrimonial e o acceso á toda información económica do Concello dispoñible no Ministerio de Facenda e Función Pública
Neste bloque atópase toda a información sobre a xestión de recursos humanos, instrumentos organizativos (Relación de postos de traballo, cadro de persoal), Oferta Pública de Emprego (OPE), acceso ao emprego público (permanente e temporal), e información en relación coa representación do persoal, tanto do Concello, como dos seus organismos descentralizados e entidades instrumentais adscritas ao Concello, de conformidade coa normativa básica sobre emprego, TREBEP, TRET, LOLS, e a normativa específica para o ámbito local LRBRL, TRRL, LALG, RD 896/1991, RD 861/1991
Neste bloque atópase toda a información de relevancia xurídica que esixe a normativa e que pode resultar de interese pola cidadanía. De especial interese non só todas as ordenanzas e regulamentos municipais, e os Bandos da Alcaldía, senón a apertura de vías de consulta e participación cidadán, pero tamén a rendición de contas a través da planificación e a avaliación normativa
Neste bloque recóllese conxuntamente a información de obrigada publicación sobre toda a actividade contractual desenvolvida polo Concello en cumprimento da Lei 9/2013 e da Lei 9/2017
Neste bloque atópase a información relativa a xestión municipal en relación co urbanismo e o medio ambiente, nos termos sinalados na normativa sectorial estatal, normativa autonómica, así como derivada da normativa municipal aprobada
Toda a información relativa aos procedementos e servizos a disposición da cidadanía, organizados no catálogo de procedementos e servizos, así como as cartas de servizos e compromisos de calidade, e información práctica e de interese para a súa utilización (sedes municipais, custe, incidencias). Asimesmo recóllese a información sobre plans e outras políticas específicas do Concello