Portal de Transparencia Local de Galicia
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno, susténtanse en tres piares fundamentais: ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública, regular e garantir o dereito de acceso á información relativa a aquela actividade e establecer as obrigacións de bo goberno que deben cumprir os responsables públicos, incluídas as entidades locais.
A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, ten entre as súas finalidades, servir de apoio e axuda aos concellos galegos para acadar o grao de transparencia establecido pola actual normativa especialmente naqueles concellos que carecen de medios suficientes para facer fronte a estes retos.
Con este obxectivo, o 10 de decembro de 2015 foi habilitada unha plataforma web como instrumento para facilitar a todos os concellos galegos a aplicación das súas obrigas en materia de transparencia e facilitar a consulta da información relativa á actividade da Administración local.
Para continuar afondando no impulso e mellora da transparencia no ámbito local de Galicia, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e a FEGAMP subscribiron o 18 de xullo de 2016 un convenio de colaboración coa Universidade de Vigo para, entre outras actuacións, abordar o redeseño do Portal de Transparencia local e facilitar así un aproveitamento mais eficiente do mesmo e que mellor resposte ás necesidades e peculiaridades dos concellos de Galicia tanto organizativas como de funcionamento así como as demandas dos seus veciños.
Así pois, a través da nova Plataforma, os concellos galegos poden, de xeito gratuíto, volcar toda a información en materia de transparencia que esixe tanto a lexislación estatal como as normas sectoriais do ámbito local e as recomendacións e boas prácticas das principais organizacións en materia de transparencia.
Posibilitase pois a ampliación da transparencia da actividade pública local, facilitando a súa consulta dunha forma clara, estruturada, entendible e de fácil acceso fomentando o achegamento á cidadanía das institucións, como unha ferramenta de mellora da calidade democrática.
Por último, a través do novo Portal facilitase a presentación das solicitudes de acceso á información público no respectivo concello, así como unha serie de manuais, guías prácticas, preguntas frecuentes e outros documentos de interese local coa finalidade de fomentar a capacitación, a cultura e os valores propios da transparencia nos concellos por ser a administración mais próxima á cidadanía.
En concreto, as entidades locais que soliciten o alta no portal de transparencia local de Galicia, terán acceso a:
- Unha Guía practica de transparencia: guía na que se orienta ás entidades locais sobre qué información debe ser publicada, como debe ser publicada e a periodicidade con que deber ser publicada, sobre as obrigas legais das administracións locais e sobre o dereito do cidadán a estar axeitadamente informado en todo momento.
- Distintos modelos de formularios e resolucións municipais a empregar no exercicio da transparencia.
BUSCADOR DE PORTAIS DE TRANSPARENCIA LOCAL
Provincia | Entidade |
---|---|
A Coruña | A Baña |
A Coruña | Abegondo |
A Coruña | Aranga |
A Coruña | Arzúa |
A Coruña | As Pontes de García Rodríguez |
A Coruña | Bergondo |
A Coruña | Boimorto |
A Coruña | Boqueixón |
A Coruña | Brión |
A Coruña | Cabana de Bergantiños |
A Coruña | Carballo |
A Coruña | Cariño |
A Coruña | Carral |
A Coruña | Cerceda |
A Coruña | Cerdido |
A Coruña | Coristanco |
A Coruña | Culleredo |
A Coruña | Curtis |
A Coruña | Fisterra |
A Coruña | Irixoa |
A Coruña | Laxe |
A Coruña | Lousame |
A Coruña | Malpica de Bergantiños |
A Coruña | Mañón |
A Coruña | Mazaricos |
A Coruña | Miño |
A Coruña | Monfero |
A Coruña | Muxía |
A Coruña | Neda |
A Coruña | Negreira |
A Coruña | Padrón |
A Coruña | Ponteceso |
A Coruña | Pontedeume |
A Coruña | Rianxo |
A Coruña | Ribeira |
A Coruña | Santa Comba |
A Coruña | Santiago de Compostela |
A Coruña | Sobrado |
A Coruña | Touro |
A Coruña | Val do Dubra |
A Coruña | Vedra |
A Coruña | Vilarmaior |
A Coruña | Vimianzo |
A Coruña | Zas |
Lugo | A Pobra do Brollón |
Lugo | A Pontenova |
Lugo | Abadín |
Lugo | Baleira |
Lugo | Burela |
Lugo | Cervo |
Lugo | Chantada |
Lugo | Lourenzá |
Lugo | Mondoñedo |
Lugo | O Corgo |
Lugo | Taboada |
Lugo | Trabada |
Lugo | Xermade |
Lugo | Xove |
Ourense | Avión |
Ourense | Boborás |
Ourense | Gomesende |
Ourense | Muíños |
Ourense | O Pereiro de Aguiar |
Ourense | Ribadavia |
Ourense | San Cibrao das Viñas |
Ourense | Taboadela |
Ourense | Toén |
Pontevedra | A Lama |
Pontevedra | Agolada |
Pontevedra | Arbo |
Pontevedra | Caldas de Reis |
Pontevedra | Cangas |
Pontevedra | Crecente |
Pontevedra | Meaño |
Pontevedra | Mos |
Pontevedra | O Porriño |
Pontevedra | O Rosal |
Pontevedra | Poio |
Pontevedra | Ponte Caldelas |
Pontevedra | Pontecesures |
Pontevedra | Pontevedra |
Pontevedra | Redondela |
Pontevedra | Salvaterra de Miño |
Pontevedra | Silleda |
Pontevedra | Soutomaior |
Pontevedra | Tomiño |