Vespa velutina
Sensibilizada co sector, cos seus retos e problemas a Xunta de Galicia puxo en marcha, en colaboración coa administración local así como con representantes do sector apícola o Programa de Vixilancia e control da Vespa Velutina en Galicia, no que tamén intervén a cidadanía en xeral no ámbito da detección de individuos ou de niños desta vespa.
Con este programa preténdese dar unha resposta rápida e eficaz á aparición deste insecto invasor que ameaza as colmeas poñendo en perigo o futuro da produción apícola e mermando o importante papel polinizador que teñen as abellas.
Calquera persoa que detecte un niño destas vespas pode comunícalo ao teléfono 012 onde o persoal adscrito ao programa realizará as actuacións precisas co fin de retirar ou neutralizar o niño.
Documentación relacionada
- Cartel informativo (192 kb)
- Tríptico informativo (670 Kb)
- Concellos con detección de niños de vespa velutina – 30/12/2023 (3.35 Mb)
- Concellos con detección de niños de vespa velutina – 30/12/2022 (1.6 Mb)
- Concellos con detección de niños de vespa velutina – 31/12/2021 (1.6 Mb)
- Concellos con detección de niños de vespa velutina - 15/12/2020 (707 Kb)
- Concellos con detección de niños de vespa velutina - 31/12/2019 (1.6 Mb)
- Concellos con detección de niños de vespa velutina - 31/12/2017 (1.1 Mb)
- Concellos con detección de niños de vespa velutina - 31/12/2016 (1.1 Mb)
- Concellos con detección de niños de vespa velutina - 31/12/2015 (1 Mb)
- Concellos con detección de niños de vespa velutina - 31/12/2014 (1.2 Mb)
- Diferenciación morfolóxica vespa velutina-vespa crabro (527 Kb)