Sistema de licitación electrónica (SILEX)
O Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX) permite ás administracións públicas, a través de medios electrónicos: publicar licitacións, realizar os actos de apertura das ofertas presentadas polas empresas e a cualificación e adxudicación das licitacións. Paralelamente permite ás empresas presentar ofertas aos procesos de contratación publicados polas administracións no sistema.
O Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX) permite a través de medios electrónicos:
- ás administracións: publicar licitacións, realizar os actos de apertura das ofertas presentadas polas empresas e a cualificación e adxudicación das licitacións
- ás empresas: presentar ofertas aos procesos de contratación publicados no sistema polas administracións
A través de SILEX as administracións poden xestionar as licitacións de:
- Procedementos de contratación:
1. Aberto.
2. Aberto simplificado.
3. Aberto súper-simplificado.
4. Asociación para innovación.
5. Contratos menores.
6. Licitación con negociación.
7. Negociado sen publicidade.
8. Diálogo competitivo
9. Restrinxido
- Sistemas de contratación:
1. Acordo Marco
2. Sistema Dinámico de Adquisición.
- Consultas preliminares.
SILEX ofrece a máxima dispoñibilidade, eficiencia e transparencia do proceso de licitación, garantindo a confidencialidade e autenticidade das ofertas presentadas polos licitadores.
A plataforma SILEX e un dos servicios que forma parte do Nodo integral de Contratación Publica Electrónica de Galicia xunto coa Plataforma de Contratos de Galicia (PcPG) o Rexistro Xeral de Contratistas (RXC) e o Sistema de Factura Electrónica (SEF).
Os requisitos e recomendacións de acceso e o modelo de solicitude de alta/baixa en SILEX están dispoñibles na opción "Subscrición" desta páxina e os manuais e guías de apoio á persoa usuaria están publicados na propia plataforma SILEX.
REQUISITOS MÍNIMOS PARA O ACCESO
Para o acceso ao sistema é necesario que a entidade local:
- Estea adherida ao "Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para o desenvolvemento da Administración Electrónica nas entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia".
- Estea dada de alta na Plataforma de Contratos de Galicia (PcPG)
Para asegurar un funcionamento óptimo da plataforma SILEX recoméndase que os equipos informáticos desde os que se acceda a SILEX preferentemente dispoñan de:
- Conexión a Internet
- Sistema operativo: Windows (últimas versións)
- Navegador: Chrome, Microsoft Edge ou Firefox (últimas versións)
- Certificados electrónicos: Os usuarios deberá dispoñer de certificados electrónicos de persoa física recoñecidos ou cualificados expedidos polos prestadores de servizos de identificación incluídos na lista de confianza de prestadores cualificados de servizos electrónicos de confianza cuxa relación se pode consultar no seguinte enderezo: https://www.conselleriadefacenda.gal/servizos-e-tramites/ov-perceptores/certificados-electronicos-admitidos . O DNI electrónico non é apto para o seu uso na plataforma por parte dos usuarios das unidades de contratación.
- Tarxetas intelixentes e drivers asociados:
- FNMT-CERES
- MIFARE MF1ICS50
- Con outras tarxetas haberia que facer probas de compatibilidade.
Como mínimo deberán darse de alta na aplicación Silex 2 usuarios/as da entidade local (un co perfil de moderador).
Para máis información, no apartado "Contidos relacionados" desta mesma páxina, dispón dun documento de "Recomendacións para o correcto acceso e utilización de Silex para o Órgano de Contratación" .
SOLICITUDE DE ACCESO A SILEX (ALTA/BAIXA /MODIFICACIÓN USUARIOS)
Para solicitar unha entidade local a alta de usuarios no Sistema de Licitación Electrónica (SILEX) os pasos que debe seguir son:
- Deberase cumprimentar a folla de cálculo SILEX - Solicitude alta, baixa e modificación de usuario
- Asinar dixitalmente o documento polo Alcalde/sa ou Presidente/a en formato PDF
- Enviar ao Centro de Atención a Usuarios da Xunta (CAU) cau-periferico@xunta.gal tanto o documento asinado como a folla de cálculo (formato ods) cumprimentada.
- Unha vez tramitada a alta pola Xunta comunicarase, a conta de correo de cada usuario (conta de correo indicada no formulario da solicitude), ás instruccións para acceder ao Sistema de Licitación Electrónica (SILEX).
Para solicitar unha entidade local a baixa ou modificación de usuarios no Sistema de Licitación Electrónica (SILEX) deben seguir os mesmos pasos que para a solicitude de alta pero indicando na columna “Accións” da folla de cálculo que se trata dunha baixa/modificación.
Formato | Nome | Descrición |
---|---|---|
![]() | SILEX - Solicitude alta/baixa/modificación de usuarios/as no servizo | Modelo solicitude a utilizar para dar de alta a unha entidade local e/ou a algún usuario d... |
![]() | SILEX - Recomendacións para a correcta utilización de Silex para o Órgano de Contratación | Recomendacións para o Órgano de Contratación sobre que requisitos técnicos e operativos é ... |
Tipo de servizo | Nome servizo | Convenio eAdmon | Modalidade solicitude |
---|---|---|---|
![]() | Contratos Públicos de Galicia-Xestión de perfil e concursos (CPG) | ![]() | Correo electrónico |
![]() | Rexistro xeral de contratistas (RXC) | ![]() | En liña |
![]() | Sistema electrónico de facturación (SEF) | ![]() | En liña |
Para calquera dúbida técnica sobre a xestión da súa alta ou incidencia co servizo SILEX, poderase poñer en contacto con CAU a través do Tlfno 881 995 300 ou no correo electrónico cau-periferico@xunta.gal.
Para calquera outro tipo de dúbidas non técnicas ou información relacionada coas xornadas de formación sobre este servizo poderá contactar coa Oficina eConcellos a través do Tlfno. 981 957 595 ou do correo electrónico: oficina.econcellos@xunta.gal.
25/03/2025
Consellería de Facenda e Administración Pública, Amtega
Xestión interna EELL
Entidades locais, Empresas
Portal web
Gratuíto
Convenio eAdministración